Nova: A mostra Diario de artista abre as súas portas ao público

05/03/2020

A mostra Diario de artista abre as súas portas ao público

Román Rodríguez salienta a fonda pegada de Manolo Buciños na renovación da arte galega contemporánea

Fíxoo na apertura da mostra ‘Diario de artista. Buciños’, celebrada no Centro Cultural Marcos Valcárcel de Ourense

Este espazo acollerá até o vindeiro 3 de maio un total de 60 obras nun dobre escenario: a parte de taller e a parte dedicada ao creador que é Manolo Buciños

Ao respecto, Román Rodríguez destacou a o valor da mostra “para coñecer ao artista” e do proxecto cultural complementario “para aproximarnos á persoa”

  • Román Rodríguez salienta a fonda pegada de Manolo Buciños na renovación da arte galega contemporánea Román Rodríguez salienta a fonda pegada de Manolo Buciños na renovación da arte galega contemporánea

Ourense, 5 de marzo de 2020.- O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, participou esta tarde no Centro Cultural Marcos Valcárcel na apertura da mostra Diario de artista. Buciños. Unha exposición que reúne un total de 60 obras, apoiada pola Xunta e na que se fai un percorrido pola obra dun dos principais renovadores da arte galega contemporánea desde os anos 60, o escultor Manolo Buciños.

A mostra, promovida pola Fundación Xoán Piñeiro e comisariada por Cuqui Piñeiro, forma parte dun proxecto máis amplo que inclúe a edición dun libro, unha cea homenaxe e un faladoiro no Teatro Principal. Ao respecto, Román Rodríguez afirmou que “nos situamos diante dunha gran mostra para coñecer ao artista e dun gran proxecto cultural, con faladoiros e outro tipo de recursos, para aproximarnos á persoa”.



O titular de Cultura lembrou as excepcionais conmemoracións do 2020, “véspera do Xacobeo 2021”, lembrando o Día das Letras Galegas dedicado a Carvalho Calero, o centenario de Isaac Díaz Pardo, o bicentenario de Concepción Arenal e o centenario do xurdimento da Xeración Nós, ao respecto do cal explicou que Ourense debe e vai ter un papel central nesta conmemoración.

Diario de artista é a primeira edición dunha iniciativa que busca promocionar, visibilizar e salientar o traballo dos escultores galegos. Trátase dun proxecto cultural organizado pola Fundación Xoán Piñeiro que, nesta ocasión, foi coorganizado polo Centro Cultura Marcos Valcárcel e contou co patrocinio da Deputación de Ourense.

No acto participaron, ademais do conselleiro, o artista, Manuel Buciños; o vicepresidente da Deputación, Rosendo Fernández; o director do Centro Cultural Marcos Valcárcel, Francisco González, e a comisaria da exposición, Cuqui Piñeiro.

Comparte