Nova: Valentín García participa na presentación das obras finalistas do XV Premio de Novela Europea Camiño de Santiago

23/12/2019

Valentín García participa na presentación das obras finalistas do XV Premio de Novela Europea Camiño de Santiago

  • secretario xeral de Política Lingüística valentín garcía Valentín García participa na presentación das obras finalistas do XV Premio de Novela Europea Camiño de Santiago

Santiago de Compostela, 23 de decembro de 2019.- O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou hoxe na rolda de prensa de presentación das novelas finalistas da XV edición do Premio de Novela Europea Camiño de Santiago. O galardón promovido polo Casino de Santiago conta co apoio da Consellería de Cultura e Turismo.

As obras finalistas son Un lume azul, de Pedro Feijoo (Editorial Galaxia); 14 de julio, de Éric Vuillard (Tusquets Editores); Lluvia fina, de Luis Landero (Planeta de Libros); Conquistar el cielo, de Paolo Giordano (Ediciones Salamandra), e El verano en que mi madre tuvo los ojos verdes, de Tatiana Tibuleac (Impedimenta).

Comparte