Nova: 'Vigo Emerxe' recupera a esencia da movida dando voz ao talento local

28/09/2019

'Vigo Emerxe' recupera a esencia da movida dando voz ao talento local

Polos escenarios do festival, ao que acudiron o director xeral de Políticas Culturais, Anxo M. Lorenzo, e a delegada territorial en Vigo, Corina Porro, pasaron grupos e artistas como The Soul Jacket, Maryland, Basanta, BFlecha ou r. e. a. l.

  • Vigo Emerxe Vigo Emerxe

Vigo, 28 de setembro de 2019.- O director xeral de Políticas Culturais, Anxo M. Lorenzo, e a delegada territorial da Xunta en Vigo, Corina Porro, asistiron hoxe a Vigo Emerxe, un festival con máis de sete horas de música promovido pola Xunta no Museo do Mar de Galicia que naceu coa vocación de recuperar a esencia da movida viguesa e dar voz ao talento local. Deste xeito, o seu cartel inclúe nomes de artistas e bandas locais emerxentes e outros referentes dentro da escena cultural e musical da cidade que actuarán en dous escenarios.

Polos dous escenarios do evento pasaron artistas e grupos como Santi Araújo, Maryland, Basanta, The Soul Jacket, Babykatze, BFlecha, r.e.a.l. e Kaixo, ao tempo que se puideron contemplar as creacións de Juanma LoDo, Laura Iturralde e Alejandra Montemayor.

Esta iniciativa enmárcase na acción do Goberno galego coa escena musical e cultural viguesa, facendo especial fincapé na promoción dos artistas e bandas emerxentes e completando a oferta cultural da cidade con este gran concerto que tivo como escenario o marco incomparable do Museo do Mar de Galicia.

Comparte