Nova: Arranca o XVI Congreso Internacional de Asociacións de Historiadores da Comunicación

26/09/2019
Arranca o XVI Congreso Internacional de Asociacións de Historiadores da Comunicación
Anxo M. Lorenzo asiste á apertura do XVI Congreso Internacional de Asociacións de Historiadores da Comunicación
Santiago de Compostela, 26 de setembro de 2019.- O director xeral de Políticas Culturais, Anxo M. Lorenzo, asistiu hoxe á inauguración do XVI Congreso internacional da Asociación de Historiadores da Comunicación, un encontro que este ano leva por título A revolución tecnolóxica da comunicación en perspectiva: historia dos novos medios dixitais, os novos medios na historia.
A cita, que se prolongará ata mañá na Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago, contará coa participación de dez relatores destacados que achegan a súa visión e está prevista a asistencia dun cento de especialistas na materia procedentes de países como Brasil, México, Portugal ou Italia, entre outros.