Nova: 'Sempre Xonxa' acada a trintena

17/09/2019

'Sempre Xonxa' acada a trintena

Jacobo Sutil e Marisol Díaz participan na inauguración dunha exposición que conmemora o 30 aniversario da película galega 'Sempre Xonxa'

Ourense, 17 de setembro de 2019.- O director da Axencia Galega das Industrias Culturais , Jacobo Sutil Nesta, e a delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, asistiron este serán á inauguración da exposición Filmado en Ourense. Chano Piñeiro. 1989-2019, cando se cumpren 30 anos da primeira película de ficción galega e en galego Sempre Xonxa, que Chano Piñeiro rodou na comarca de Valdeorras.

Esta mostra organízase no marco das actividades paralelas da 24ª edición do Ourense Festival Film (OUFF) que arrancará o vindeiro 27 de setembro na cidade das Burgas.

Comparte