Nova: Román Rodríguez salienta a importancia de espallar os valores do Camiño na presentación da 'Fraternidad de Santiago'

14/09/2019

Román Rodríguez salienta a importancia de espallar os valores do Camiño na presentación da 'Fraternidad de Santiago'

  • Román Rodríguez salienta a importancia de espallar os valores do Camiño na presentación da 'Fraternidad de Santiago' Román Rodríguez salienta a importancia de espallar os valores do Camiño na presentación da 'Fraternidad de Santiago'

Santiago de Compostela, 14 de setembro de 2019.- O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, salientou hoxe a importancia de espallar e difundir os valores do Camiño na presentación da Fraternidad de Santiago, un colectivo que aglutina a diferentes irmandades e confrarías vencelladas coa figura de Santiago ao longo de toda España.

O responsable de Cultura e Turismo puxo en valor esta iniciativa, que representa –subliñou– “o interese que suscita a peregrinación a Compostela”, especialmente ás portas do próximo Xacobeo 21. Neste sentido, lembrou que este tipo de proxectos, impulsados desde a sociedade, recollen o “espírito participativo” do próximo Ano Santo, “unha celebración que buscará a implicación de toda a sociedade para facer un evento perdurable, integrador e no que todos teñan cabida”.

Comparte