Nova: A Xunta de Galicia mellorará o entorno de Cotorredondo, en Marín, a través do acondicionamento do parque de Castiñeiras

13/09/2019

A Xunta de Galicia mellorará o entorno de Cotorredondo, en Marín, a través do acondicionamento do parque de Castiñeiras

O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, asinou hoxe un convenio de colaboración para este fin coa alcaldesa da localidade, María Pilar Ramallo

  • A Xunta de Galicia mellorará o entorno de Cotorredondo, en Marín, a través do acondicionamento do parque de Castiñeiras A Xunta de Galicia mellorará o entorno de Cotorredondo, en Marín, a través do acondicionamento do parque de Castiñeiras

Marín (Pontevedra), 13 de setembro de 2019.- O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, asinou hoxe un convenio de colaboración coa alcaldesa do concello de Marín, María Pilar Ramallo, destinado á creación e acondicionamento de parques infantís.

En virtude deste acordo, realizaranse melloras no parque de Castiñeiras, situado no parque natural de Cotorredondo, un dos cales dispón actualmente de elementos de xogo infantil que se adaptarán ás condicións de seguridade axeitadas.

Deste xeito, instalaranse dúas zonas de recreo diferenciadas. Por un lado unha zona 1 na que se disporá un conxunto de equilibro aventura, unha tirolina e un pórtico de randeeira dobre; e unha zona 2 na que se instalarán un equipo combinado, un pórtico de randeeira e balancíns de resorte, sendo todos estes elementos integradores co medio natural no que se atopan.

Neste enclave, as melloras, para as que a Xunta de Galicia achegará un importe de preto de 75.000 euros, completarán un entorno único, facilitando o gozo de adultos e nenos e poñendo en valor o turismo do parque natural

Comparte