Nova: Balseiro: "Monforte revitaliza a súa paixón pola literatura" coa celebración da Feira do Libro, que conta co apoio da Xunta

23/08/2019

Balseiro: "Monforte revitaliza a súa paixón pola literatura" coa celebración da Feira do Libro, que conta co apoio da Xunta

Monforte de Lemos (Lugo), 23 de agosto de 2019.- O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, participou hoxe na presentación da XXII Feira do Libro de Monforte de Lemos, que se celebrará do 28 ao 31 de agosto na rúa Cardenal. Balseiro salientou que “Monforte revitaliza a súa paixón pola literatura” con esta iniciativa, que conta co apoio da Administración autonómica.

O delegado sinalou que esta cita “ofrece aos veciños e veciñas da cidade e tamén a aos numerosos visitantes que se achegan no verán unha alternativa cultural e de ocio e un amplo programa de actividades con propostas para todas as idades”. A Administración autonómica apoia cada ano á Federación de Libreiros de Galicia na organización das feiras do libro que percorren a xeografía galega. A cita de Monforte pechará o programa deste ano na provincia de Lugo.

Comparte