Nova: Un conxunto de pintores chineses protagonizan a exposición 'Pensamentos no Camiño', inaugurada hoxe

30/07/2019
Un conxunto de pintores chineses protagonizan a exposición 'Pensamentos no Camiño', inaugurada hoxe
A Facultade de Filosofía da Universidade de Santiago de Compostela acolle ata finais de setembro esta mostra que reflicte unha visión oriental sobre o Camiño Portugués
Santiago de Compostela, 30 de xullo de 2019.- O director xeral de Políticas Culturais, Anxo M. Lorenzo, participou hoxe na inauguración da exposición Pensamentos no Camiño, que permanecerá aberta na Facultade de Filosofía da Universidade de Santiago de Compostela ata finais do mes de setembro.
A mostra está composta por pinturas do Camiño Portugués realizadas por artistas chineses coas que amosan unha visión oriental da Ruta Xacobea. O director xeral destacou que esta exposición é unha forma de estreitar lazos co país asiático e coa que promover o Xacobeo 21 no exterior. Cómpre destacar que no ano pasado máis de 1000 chineses percorreron algunha das rutas de peregrinación do Camiño de Santiago.