Nova: Celanova acolle ata este venres o VI Festival Hércules Brass

29/07/2019

Celanova acolle ata este venres o VI Festival Hércules Brass

O director xeral de Políticas Culturais, Anxo M. Lorenzo, asistiu hoxe á inauguración do VI Festival Hércules Brass Celanova, no que participarán destacadas agrupacións de instrumentos de vento metal

  • hércules-vento-metal-celanova hércules-vento-metal-celanova

Santiago de Compostela, 29 de xullo de 2019.- O director xeral de Políticas Culturais, Anxo M. Lorenzo, asistiu hoxe á inauguración do VI Festival Hércules Brass Celanova, un referente xa entre os músicos e seguidores dos instrumentos de vento metal.

O evento configúrase como unha interesante proposta para o público xeral polo alto nivel artístico do que poderán gozar, pero tamén para estudantes de música xa que terán a oportunidade de coñecer, ver e escoitar a outras persoas participantes chegadas de diferentes puntos de España e do estranxeiro.

Así, ata este venres desenvolveranse clases maxistrais a cargo de profesores como Andrea Conti, Roberto Bodí ou Martín Naveira entre outros e polo escenario do festival pasarán agrupacións como Sar Ensemble, a Banda de Música de Celanova e Fabio Brum, Hércules Brass, Ensemble Epsilon e a Orquesta de Cámara Galega e Esteban Batallán.

Comparte