Nova: O Atlantic Fest continúa enchendo A Illa de Arousa de música, igualdade e respecto ao medio ambiente

27/07/2019

O Atlantic Fest continúa enchendo A Illa de Arousa de música, igualdade e respecto ao medio ambiente

O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, visitou hoxe este encontro, que forma parte da segunda temporada de FEST Galicia

  • visita-conselleiro-roman-rodriguez-atlantic-fest O Conselleiro de Cultura e Turismo visita o Atlantic Fest

A Illa de Arousa (Pontevedra), 27 de xullo de 2019.- O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, visitou hoxe o Atlantic Fest, un dos 12 encontros adheridos á segunda temporada de FEST Galicia, a marca creada pola Administración autonómica para promover o territorio galego como destino musical.

FEST Galicia conta cun espazo para a difusión de programas a prol da igualdade, do uso da lingua galega, do respecto medioambiental e de valores positivos para a mocidade. Ademais, dá soporte ao escenario principal do evento polo que esta fin de semana están a tocar bandas e artistas como Love of Lesbian, Los Planetas, Dorian, Nacho Vegas ou Marlon Williams entre outros.

Comparte