Nova: A eurocidade Tui-Valença celebra o Festival Ikfem

17/07/2019
A eurocidade Tui-Valença celebra o Festival Ikfem
Anxo M. Lorenzo asiste á VII edición do Festival Ikfem na eurocidade Tui-Valença
Este serán tivo lugar o espectáculo ‘O Fiadeiro’ interpretado por actores da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia
Tui (Pontevedra), 17 de xullo de 2019.- O director xeral de Políticas Culturais, Anxo M. Lorenzo, asistiu á VII edición do festival de música de instrumentos de teclado Ikfem que se desenvolve ata o vindeiro domingo na eurocidade Tui- Valença.
A xornada de hoxe albergou o espectáculo O Fiadeiro, interpretado por actores da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia, que deron vida á obra A viaxe de José do Campo, onde a personaxe comeza unha viaxe desde o seu pobo natal no Courel e remata en Nova Orleáns en busca da súa identidade.
O festival ofrece un amplo abano de propostas culturais cun marcado carácter transfronteirizo e preséntase como unha oportunidade para descubrir o patrimonio cultural que atesoura o suroeste de Galicia e o norte de Portugal. O calendario desta edicións inclúe clases maxistrais, obradoiros e concertos centrados na familia dos instrumentos de teclado que se desenvolven nos espazos arquitectónicos máis destacados da eurocidade.