Nova: Luz Pozo Garza recibe o Premio Trasalba 2019

29/06/2019

Luz Pozo Garza recibe o Premio Trasalba 2019

Anxo M. Lorenzo asiste á entrega do Premio Trasalba 2019 á poeta Luz Pozo Garza

O galardón é outorgado pola Fundación Otero Pedrayo a persoas referentes da cultura galega

  •  Luz Pozo Garza recibe o Premio Trasalba 2019 Luz Pozo Garza recibe o Premio Trasalba 2019

Amoeiro (Ourense), 29 de xuño de 2019.- O director xeral de Políticas Culturais, Anxo M. Lorenzo, participou hoxe na entrega do Premio Trasalba 2019, outorgado á poeta Luz Pozo Garza, da que afirmou que é unha das voces galegas máis destacadas e recoñecidas tanto a nivel nacional como internacional.

A escritora naceu en 1922 en Ribadeo e ao longo da súa dilatada traxectoria recibiu numerosos premios e recoñecementos, aos que hoxe se suma este galardón. Ademais, foi nomeada académica no ano 1996 e forma parte do consello directivo da Real Academia Galega ocupando o sillón U.

O Premio Trasalba, que outorga a Fundación Otero Pedrayo, institúese no ano 1983 e o acto de entrega celébrase no último domingo do mes xuño. Nun primeiro momento, a razón do premio era a vinculación, directa ou indirecta, coa figura e os ideais de Ramón Otero Pedrayo e progresivamente foi evolucionando cara a persoas referentes da cultura galega.

Comparte