Nova: Culturgal acolle a entrega dos premios da Agadic, Álvaro Cunqueiro e Manuel María, a Avelina Pérez e Paula Carballeira

02/12/2018

Culturgal acolle a entrega dos premios da Agadic, Álvaro Cunqueiro e Manuel María, a Avelina Pérez e Paula Carballeira

Pontevedra, 2 de decembro de 2018.- Culturgal, a feira das industria culturais que se está a celebrar desde o venres en Pontevedra, foi hoxe o escenario do acto de entrega dos premios literarios convocados pola Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Consellería de Cultura e Turismo. No caso do XXIV Álvaro Cunqueiro para textos teatrais, a gañadora foi Avelina Pérez coa obra Ás oito da tarde, cando morren as nais, mentres que o X Manuel María de literatura dramática infantil recaeu en Paula Carballeira por Somos monstros.

Os galardóns, dotados con 6.000 euros cada un, fóronlles entregados por Jacobo Sutil, director da Agadic, e Laura Tato, presidenta do xurado deste ano, que deu a coñecer o seu ditame o pasado 14 de novembro.
 

Comparte