Nova: Preestréase a IV edición do documental El Camino acaba en Obradoiro

18/10/2018
Preestréase a IV edición do documental El Camino acaba en Obradoiro
Santiago de Compostela, 18 de outubro de 2018.- O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, identificou os valores do deporte cos da Ruta Xacobea con motivo da preestrea da IV edición do documental El Camino acaba en Obradoiro, un traballo que recolle a viaxe realizada polo Camiño Portugués do ex xogador de baloncesto Aleksandar ‘Aza’ Petrovic e do seu fillo Marco.
Este valores, segundo enumerou Román Rodríguez, son a importancia do esforzo e do compromiso, o compañeirismo, a inclusión, ou a “bandeira do equipo que, igual que a xacobea, é un símbolo que xunta ás persoas baixo un mesmo sentimento”. Tal e como remarcou, “os valores do deporte e os xacobeos invitan ao entendemento entre as persoas, a compartir xuntos as vitorias e derrotas, a compartir o camiño”.