Nova: Os traballos de restauración conseguen eliminar os restos da pintada realizada na Catedral de Santiago

09/08/2018

Os traballos de restauración conseguen eliminar os restos da pintada realizada na Catedral de Santiago

  • Os traballos de restauración conseguen eliminar os restos da pintada realizada na Catedral de Santiago Os traballos de restauración conseguen eliminar os restos da pintada realizada na Catedral de Santiago

Santiago de Compostela, 9 de agosto de 2018.- O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez; o director da Fundación Catedral, Daniel Lorenzo, e deán compostelán, Segundo Pérez, comprobaron esta mañá o resultado dos traballos acometidos para eliminar os restos da pintada realizada sobre unha das figuras que representan aos apóstolos, labrada no fuste dunha das columnas da xamba dereita (leste) da portada de Praterías, na Catedral de Santiago de Compostela. Tal e como explicaron, as actuacións de restauración conseguiron eliminar todos os restos. En concreto, actuouse sobre a mármore con láser, así como aplicando –en dúas intervencións diferentes–, papetas de disolvente.

O conselleiro quixo felicitar ao equipo de técnicos e restauradora polo resultado do traballo, así como agradecer á Fundación Catedral a súa colaboración. Así mesmo, desexou o maior dos éxitos aos corpos e forzas de seguridade na investigación para atopar ao responsable do acto vandálico. Neste sentido, Román Rodríguez fixo fincapé na importancia de ser conscientes de que “vivimos nunha xoia arquitectónica que hai que coidar e preservar”.