Nova: Abre as súas portas a Feira do Libro da Coruña

01/08/2018

Abre as súas portas a Feira do Libro da Coruña

  • Abre as súas portas a Feira do Libro da Coruña Abre as súas portas a Feira do Libro da Coruña
  • Abre as súas portas a Feira do Libro da Coruña Abre as súas portas a Feira do Libro da Coruña
  • Abre as súas portas a Feira do Libro da Coruña Abre as súas portas a Feira do Libro da Coruña

A Coruña, 1 de agosto de 2018.- O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, inaugurou hoxe, acompañado do delegado da Xunta na provincia, Ovidio Rodeiro, a Feira do Libro da Coruña, que poderá visitarse nos Xardíns de Méndez Núñez ata o vindeiro 10 de agosto. O titular do departamento de Cultura da Xunta de Galicia lembrou que estas citas son unha oportunidade para achegar a todos os implicados na industria do libro: creadores, editores, distribuidores e lectores. “Ese é precisamente o gran valor destas feiras, poñer en contacto a todos as partes desa cadea”, dixo.

Así mesmo, quixo salientar o seu papel no impulso das industrias culturais. Non en balde, máis do 70% do medio millón de persoas que visitaron o ano pasadob as Feiras marcharon cun libro baixo o brazo. Neste sentido lembrou que os lectores galegos demostraron un ritmo de adquisición de volumes notablemente por riba da media española. Ademais, a nosa Comunidade conta ca rede de librarías máis densa de España e o número de usuarios da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia supera xa os 900.000.

As Feiras do Libro chegan á cidade herculina tras celebrarse en Verín, Ferrol, Santiago de Compostela, O Porriño, Lugo, Ourense, Redondela, Ribeira, Vigo Sanxenxo, Rianxo e Ponteareas. Unha vez rematada a cita coruñesa os libros continuarán a súa andaina en Viveiro, do día 11 ao 15; en Foz, entre o 16 e o 19; e, finalmente, en Monforte de Lemos, do día 22 ao 25.

Comparte