Nova: A Insua dos Poetas réndelle unha homenaxe póstuma ao poeta Víctor Campio Pereira

28/07/2018

A Insua dos Poetas réndelle unha homenaxe póstuma ao poeta Víctor Campio Pereira

  • Imaxe: Facebook da Fundación Insua dos Poetas Imaxe: Facebook da Fundación Insua dos Poetas
  • A Ínsua dos Poetas réndelle homenaxe póstumo ao poeta Víctor Campio Pereira A Ínsua dos Poetas réndelle homenaxe póstumo ao poeta Víctor Campio Pereira
  • A Insua dos Poetas réndelle homenaxe póstumo ao poeta Víctor Campio Pereira A Ínsua dos Poetas réndelle homenaxe póstuma ao poeta Víctor Campio Pereira

O Carballiño (Ourense), 28 de xullo de 2018.- O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, participou hoxe na X edición da Festa da Palabra, na Insua dos Poetas, onde se lle rendeu unha homenaxe póstuma ao poeta Víctor Campio Pereira, unha semana despois do seu falecemento.

Román Rodríguez loou a obra poética do de Garabás (Maside), que destaca pola súa “calidade, fondura e sinxeleza”, así como as outras facetas como articulista, narrador e adaptador de obras teatrais.

O conselleiro tamén subliñou o traballo desenvolvido pola Fundación Ínsua dos Poetas para consolidar esta cita anual coa cultura que é a Festa da Palabra, e que ten como principal obxectivo o recoñecemento a persoas e entidades que traballan no fortalecemento da lingua e da cultura galega.

Comparte