Nova: Unha nova colaboración entre entidades porá en valor a obra do Nobel galego Camilo José Cela

27/02/2018

Unha nova colaboración entre entidades porá en valor a obra do Nobel galego Camilo José Cela

A Xunta, o Instituto Cervantes, a Deputación de Guadalajara e a Fundación Charo e Camilo José Cela asinaron hoxe un protocolo para realizar actividades conxuntas, entre elas o lanzamentos dun itinerario cultural arredor da súa literatura de viaxes

  • Imaxe: Fundación Pública Galega Camilo José Cela Imaxe: Fundación Pública Galega Camilo José Cela
  • O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e presidente do Padroado da Fundación Pública Galega Camilo José Cela (FPGCJC), Román Rodríguez; o director do Instituto Cervantes, Juan Manuel Bonet; o titular da Deputación de Guadalajara, José Manuel Latre; e o responsable da Fundación Charo y CJC, Camilo José Cela Conde; asinaron hoxe un protocolo de colaboración O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e presidente do Padroado da Fundación Pública Galega Camilo José Cela (FPGCJC), Román Rodríguez; o director do Instituto Cervantes, Juan Manuel Bonet; o titular da Deputación de Guadalajara, José Manuel Latre; e o responsable da Fundación Charo y CJC, Camilo José Cela Conde; asinaron hoxe un protocolo de colaboración

Santiago de Compostela, 27 de febreiro de 2017.- O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e presidente do Padroado da Fundación Pública Galega Camilo José Cela (FPGCJC), Román Rodríguez; o director do Instituto Cervantes, Juan Manuel Bonet; o titular da Deputación de Guadalajara, José Manuel Latre; e o responsable da Fundación Charo y CJC, Camilo José Cela Conde; asinaron hoxe un protocolo para colaborar na realización de accións e actividades relacionadas coa promoción e a difusión internacional da obra de Camilo José Cela, e especialmente dos seus libros de viaxes, que inclúen obras como Viaje a la Alcarria, Del Miño al Bidasoa, Viaje al Pirineo de Lérida, Cuaderno del Guadarrama, Ávila ou Vagabundo por Castilla, entre outras.

Nun acto celebrado na sede da FPGCJC e do museo que leva o nome do Nobel galego, en Iria Flavia, o conselleiro explicou que a sinatura deste acordo ten un obxectivo claro, o de continuar co traballo de promoción e difusión da obra do gran autor que foi Camilo José Cela, “probablemente o mellor escritor español da segunda metade do século XX”. Tras afirmar que “coa obtención do Premio Nobel converteuse para toda España, especialmente para as nosas dúas rexións irmandadas para sempre pola súa literatura, nun referente cultural a escala global”, o conselleiro engadiu que contar cun Nobel significa un privilexio para o país, que o debe aproveitar como motor económico e tractor de turismo.

Coa sinatura deste protocolo faise realidade a vontade expresada tanto polo conselleiro, como polo fillo do autor e o presidente da Deputación de Guadalajara tras unha reunión o pasado mes de decembro, cando se acordou emprender accións de posta en valor de forma conxunta da obra e figura do escritor padronés. En concreto, está previsto crear un itinerario cultural arredor dos espazos incluídos na literatura de viaxes de Cela que sirva para achegar os seus libros á cidadanía, ao tempo que para dar a coñecer a xeografía española a través das súas letras.

Esta nova colaboración enmárcase no protocolo asinado en 2016 entre a Consellería e a Deputación de Guadalajara con motivo da celebración do centenario do nacemento do escritor, a través do que ambos organismos cooperaron na organización dos actos de homenaxe realizados, así como no referido á cesión de materiais e documentación de Cela custodiados no Arquivo Histórico, na Biblioteca de Investigadores de la Provincia, no Centro de la Fotografía y la Imagen Histórica de Guadalajara (CEFIHGU) e no Museo del Viaje a la Alcarria, sito na torre da homenaxe do castelo de Torija.

Tras a sinatura do convenio, os asinantes percorreron o Museo Camilo José Cela, acompañados polo alcalde de Padrón, Antonio Fernández Angueira; e mais polo secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García.

Comparte