Nova: A Cidade da Cultura celebrará o Día da Muller cun concerto dunha banda de música só feminina

25/02/2018

A Cidade da Cultura celebrará o Día da Muller cun concerto dunha banda de música só feminina

  • O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, e a directora da Banda de Música de Lalín, Isabel María Rubio Molina, mantiveron unha xuntanza de traballo O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, e a directora da Banda de Música de Lalín, Isabel María Rubio Molina, mantiveron unha xuntanza de traballo

Santiago de Compostela, 25 de febreiro de 2018.- O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, e a directora da Banda de Música de Lalín, Isabel María Rubio Molina, mantiveron unha xuntanza de traballo para abordar o concerto que se celebrará na Cidade da Cultura de Galicia o vindeiro 17 de marzo, enmarcado nos actos conmemorativos do Día internacional da muller. Trátase do primeiro concerto que se organizará na Comunidade dunha banda integramente feminina, que xuntará baixo unha mesma batuta –a da propia Isabel María Rubio– a instrumentistas de diferentes agrupacións bandísticas galegas.

Na reunión tamén participou a directora xerente da Fundación Cidade da Cultura, Ana Isabel Vázquez Reboredo.

 

Comparte