Nova: A cooperación entre centros ou a función social das bibliotecas, protagonistas da xuntanza do Pleno do Consejo de Cooperación Bibliotecaria

21/02/2018

A cooperación entre centros ou a función social das bibliotecas, protagonistas da xuntanza do Pleno do Consejo de Cooperación Bibliotecaria

Valencia, 20 de febreiro de 2018.- O secretario xeral de Cultura da Consellería de Cultura e Educación, Anxo Lorenzo, participa na xuntanza do Pleno do Consejo de Cooperación Bibliotecaria (CCB), na que se están a presentar desde onte diferentes iniciativas de cooperación, como o Catálogo de Servizos Dixitais, a función social das bibliotecas ou os resultados de grupos de traballo, como o de Referencia Virtual Pregunte: las bibliotecas responden. Na orde do día do Pleno abórdanse tamén cuestións como o desenvolvemento do Depósito Legal electrónico, en colaboración coas comunidades autónomas ou o desenvolvemento do novo código de catalogación RDA na Biblioteca Nacional de España. Pola súa banda, as comisións técnicas de cooperación –universitarias, públicas, escolares, especializadas e nacionais e rexionais– presentaron as súas propostas e actividades para este ano.

No Pleno do CCB están representadas todas as administracións públicas titulares e con competencias sobre bibliotecas, ademais de entidades privadas de especial relevancia neste campo. Este órgano analiza todas as cuestiones relacionadas coas bibliotecas para as que sexa precisa a cooperación, que foron previamente estudadas polos órganos técnicos do Consejo (a Comisión Permanente, as Comisións Técnicas de Cooperación e os Grupos de Traballo). 

Comparte