Nova: A Cidade da Cultura celebra unha Gran Gala de Circo solidaria

04/01/2018
A Cidade da Cultura celebra unha Gran Gala de Circo solidaria
A gala entra dentro dos actos do Nadal no Gaiás
Santiago de Compostela, 4 de xaneiro de 2018.- A Cidade da Cultura de Galicia celebrou hoxe unha Gran Gala de Circo solidaria na recta final da súa programación de Nadal no Gaiás, que remata o vindeiro domingo, día 7, coa clausura da exposición Fantasía de Nadal e tras acoller, durante estas vacacións non lectivas, os obradoiros infantís do campamento do circo. Ademais, foi nesta gala onde a directora-xerente do Gaiás, Ana Isabel Vázquez Reboredo, deu os premios ás nove rapazas e rapaces gañadores do concurso de postais de Nadal.
A Gran Gala de Circo de Nadal mesturou dun xeito lúdico e divertido música, cancións, humor e variedade dos mellores espectáculos circenses, á vez que tivo un marcado carácter solidario, ao realizarse en colaboración coa Asociación Iniciativa Social Berce, que contou na entrada do Museo Centro Gaiás cunha mesa informativa.