Nova: A Fundación Neira Vilas recorda o escritor no segundo aniversario do seu pasamento

27/11/2017

A Fundación Neira Vilas recorda o escritor no segundo aniversario do seu pasamento

  • O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou hoxe en Gres nos actos de homenaxe a Xosé Neira Vilas O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou hoxe en Gres nos actos de homenaxe a Xosé Neira Vilas

Vila de Cruces (Pontevedra), 27 de novembro de 2017.- O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou hoxe en Gres nos actos de homenaxe a Xosé Neira Vilas no segundo aniversario do seu pasamento. Logo dunha ofrenda floral no cemiterio parroquial, na sepultura do escritor, a sala de actos Luís Seoane da Fundación Neira Vilas acolleu a inauguración da exposición Espantallo amigo, inspirada na obra homónima do autor, e a proxección dun pequeno avance do documental Aquel neno chamado Xosé Neira Vilas.

Canda o secretario xeral e mais o presidente da fundación, participaron nos actos o alcalde de Vila de Cruces, Jesús Otero; a profesora Ana Rey e alumnado e profesorado de 4° de primaria do Colexio Divino Maestro de Santiago de Compostela (autores dos 22 espantallos que configuran a mostra); e Aser Álvarez, director de Arraianos Producións e promotor da peza audiovisual.

Comparte