Nova: O festival Beatleweek de Liverpool ofrecerá versións dos Beatles en galego por segundo ano consecutivo

22/08/2017

O festival Beatleweek de Liverpool ofrecerá versións dos Beatles en galego por segundo ano consecutivo

O secretario xeral de Política Lingüística presentou esta mañá a participación do grupo compostelán The Funkles no evento musical, ao cal regresan tras o seu exitoso debut en 2016

  • O secretario xeral de Política Lingüística presentou esta mañá a participación do grupo compostelán The Funkles no evento musical, ao cal regresan tras o seu exitoso debut en 2016 O secretario xeral de Política Lingüística presentou esta mañá a participación do grupo compostelán The Funkles no evento musical, ao cal regresan tras o seu exitoso debut en 2016
  • O secretario xeral de Política Lingüística presentou esta mañá a participación do grupo compostelán The Funkles no evento musical, ao cal regresan tras o seu exitoso debut en 2016 O secretario xeral de Política Lingüística presentou esta mañá a participación do grupo compostelán The Funkles no evento musical, ao cal regresan tras o seu exitoso debut en 2016

Santiago de Compostela, 22 de agosto de 2017.- O grupo compostelán The Funkles volverá cantar, por segundo ano consecutivo e tralo éxito alcanzado en 2016, os Beatles en galego con motivo do Festival Beatleweek, que se celebra en Liverpool a finais deste mes de agosto. Así o anunciou esta mañá o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, que estivo acompañado por integrantes da dita formación. Cómpre resaltar que esta banda, composta por catro mulleres e un home, naceu en 2015 co obxectivo de renderlle tributo desde o funk/soul á banda británica de pop/rock con máis sona da historia da música.

Valentín García sinalou que, trala súa actuación do ano pasado, a banda galega puido actuar en países como Rusia ou Finlandia. Neste sentido, tamén felicitou á banda polo seu traballo non só musical, senón tamén de proxección exterior da lingua galega, posto que con este tipo de iniciativas gaña posicionamento e visibilidade alén das nosas fronteiras.

A iniciativa conta coa colaboración da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e mais de Galicia Calidade, que contará cun expositor de materiais promocionais de interese turístico informativo e divulgativo de Galicia no marco do evento.

 

Festival Internacional Beatleweek

O International Beatleweek Festival trátase da convención de temática beatle máis importante do mundo, que se vén celebrando dende hai máis de 30 anos, e que reúne a máis de 70 bandas chegadas de máis de 50 países diferentes. O festival reúne a milleiros de visitantes cada ano, que poden asistir a concertos durante todo o día, ou a conferencias de personaxes que forman parte da historia dos Beatles tales como produtores, enxeñeiros de son, músicos, periodistas, fotógrafos, biógrafos... Completan as actividades un gran mercado de memorabilia e merchandising, e unha poxa onde se ofertan pezas de coleccionista.

Este ano anúnciase como un do de maior afluencia da súa historia xa que conflúen varios factores: cúmprese o 60 aniversario de The Cavern, o 50 Aniversario do álbum St. Pepper´s Lonely Hearts Club Band, e celebrarase a última edición do festival tal como se coñece ata agora, posto que se adaptará aos novos tempos.

The Funkles ofrecerán sete concertos entre o 25 e o 28 de agosto nos principais escenarios do festival, entre eles o mítico The Cavern.

Comparte