Nova: 'Vento nas velas', do fotógrafo Xurxo Lobato, recolle o patrimonio marítimo de Galicia

11/08/2017

'Vento nas velas', do fotógrafo Xurxo Lobato, recolle o patrimonio marítimo de Galicia

O libro, que contribúe a divulgar a cultura marítima e a flota tradicional galega, presentouse no Grove

  • Vento nas velas | Xurxo Lobato Vento nas velas | Xurxo Lobato
  • Presentación de 'Vento nas velas', de Xurxo Lobato Presentación de 'Vento nas velas', de Xurxo Lobato
  • Presentación de 'Vento nas velas', de Xurxo Lobato Presentación de 'Vento nas velas', de Xurxo Lobato
  • Presentación de 'Vento nas velas', de Xurxo Lobato Presentación de 'Vento nas velas', de Xurxo Lobato

O Grove (Pontevedra), 11 de agosto de 2017.- O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, participou esta tarde na presentación do libro Vento nas velas, de Xurxo Lobato, e definiu o novo traballo do fotógrafo galego como unha conxunción de “cultura e arte”. Cultura porque, segundo destacou, recolle as embarcacións tradicionais galegas que forman parte do noso patrimonio marítimo, que xerou a cultura do mar ao longo dos séculos; e arte porque o fai a través das imaxes de Lobato.

Tal e como destacou o conselleiro, este libro é unha boa mostra de como está medrando o patrimonio marítimo galego, “recuperando vellas tradicións, ás que se suman novos usos, como os deportivos ou os turísticos”.

No acto, que tivo lugar no Club Náutico San Vicente do Mar, tamén participaron o propio autor –acompañado por outros dous coautores do libro–, así como o presidente do Club, Ignacio Montenegro.

Comparte