Nova: Máis de 11.000 persoas en Cidade Imaxinaria

25/08/2014

Máis de 11.000 persoas en Cidade Imaxinaria

Alta afluencia de público na cuarta edición dun festival que ofrece dez horas ininterrompidas de espectáculos para toda a familia

  • A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria celebra o éxito de participación rexistrado no festival ‘Cidade Imaxinaria 2014’, que reuniu este sábado na Cidade da Cultura a un total de 11.092 persoas, consolidándose como unha das actividades máis multitudinarias das que celebra o Gaiás. A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria celebra o éxito de participación rexistrado no festival ‘Cidade Imaxinaria 2014’, que reuniu este sábado na Cidade da Cultura a un total de 11.092 persoas, consolidándose como unha das actividades máis multitudinarias das que celebra o Gaiás.

Santiago, 25 de agosto de 2014.- A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria celebra o éxito de participación rexistrado no festival Cidade Imaxinaria 2014, que reuniu este sábado na Cidade da Cultura a un total de 11.092 persoas, consolidándose como unha das actividades máis multitudinarias das que celebra o Gaiás.

O reconto final ofrece unha cifra final de 11.092 asistentes a un festival que ofreceu dez horas case ininterrompidas de actuacións circenses, xogos e obradoiros para toda a familia. Con estas cifras, Cidade Imaxinaria consolídase como unha das actividades máis exitosas e de maior afluencia de público das celebradas no Gaiás, que na súa primeira edición en 2011 xa conseguira reunir a máis de 4.000 persoas, cifra que en 2012 superou as 9.000, e en 2013 un total de 10.700.

Un éxito que para o departamento que dirixe Xesús Vázquez apuntala unha das liñas de programación prioritaria da Cidade da Cultura e da propia Consellería: o deseño e posta en marcha de eventos pensados para gozar de balde, ao aire libre e en familia.

Amplo programa para todos os públicos
Cidade Imaxinaria ofreceu este sábado desde as 11,00 horas e ata as 21,00 horas un total de 20 espectáculos a cargo de dezasete compañías e preto dun cento de artistas que conviviron con saltimbanquis, bailaríns, zancudos, pallasos, malabaristas, carreiras de coches… e dous divertidos personaxes que se encargaron de guiar ás familias polo mundo imaxinario do festival: Chimpo e Brinco.

O ‘Escenario Imaxinario’ converteuse no punto de referencia dos milleiros de asistentes, que puideron gozar cos números circenses de ‘Cabaré Parodia’, os trucos de maxia do espectáculo ‘Sim Salabim’ ou as acrobacias de ‘La Belle Escaballe’. Entre as actividades máis demandadas estiveron Kuduro en familia, no que grandes e pequenos moveron o corpo ao son de ritmos africanos, os obradoiros de ‘Maquillaxe e fantasía e ‘Globoflexia’ e o teatriño de ‘Os Monicreques’.

A nota de humor puxérona os ‘Trasto Cars’, unha carreira de coches onde pode pasar de todo; ‘Le Petit Circ’ co seu The piollos show!; e as habilidades imposibles dos malabares de ‘Rosso a Spasso’. Ademais, os asistentes puideron participar nun auténtico ‘Torneo de Cabalaría’; crear unha rede social propia ao aire libre con ‘Externet!’; amosar a destreza na ‘Pesca do Pato’ ou asaltar unha fortaleza medieval en ‘Castelo Poch’.

Os espectáculos completáronse con xogos orixinais, como as plataformas e mecanismos nas que poñer a proba o enxeño, a paciencia e a destreza dos participantes, ou como ‘Titellarium’, un espazo onde descubrir o microuniverso dos contos máis famosos da historia; e tamén cos artellos mecánicos e quebracabezas dos ‘Amigos de Crusó’ e as caixas sorpresa da ‘Estraña viaxe do señor Tonet’.

Desde o fondo do océano ao cumio do Gaiás, ‘Cidade Imaxinaria 2014’ despediuse cun espectáculo onde se recreou o mundo máxico da Atlántida, e as lendas dos seus habitantes, dos que se dicía que podían correr polo ceo como paxaros.

A rampa exterior foi o escenario elixido por Chimpo e Brinco para soltar un enorme globo cos nomes dos milleiros de nenos que acudiron a esta cuarta edición dun festival que encandila a grandes e pequenos e que conseguiu reunir no alto do Gaiás durante toda unha xornada a máis de 11.000 persoas para divertirse e aprender en familia.

Comparte