Nova: A Cidade da Cultura acolle a xornada datos abertos enlazados en bibliotecas, arquivos e museos

19/05/2017
A Cidade da Cultura acolle a xornada datos abertos enlazados en bibliotecas, arquivos e museos
Santiago de Compostela, 19 de maio de 2017.- O secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo; a directora-xerente da Fundación Cidade da Cultura, Ana Isabel Vázquez Reboredo; e a subdirectora xeral de Bibliotecas, Cristina Rubal, presentaron no Gaiás a xornada técnica Datos abertos enlazados en bibliotecas, arquivos e museos, que reuniu preto de 100 persoas no Gaiás.
Tony Hernández, da Universidade Carlos III de Madrid, Ricardo Santos, da Biblioteca Nacional de España; Daniel Vila, da Universidade Politécnica de Madrid; Reyes Carrasco e Domingo Arroyo, das subdireccións xerais de Museos Estatais e de Coordinación Bibliotecaria do Ministerio de Educación e Cultura, respectivamente, xunto con Julián Moyano, da Dirección Xeral de Administración Electrónica e Sociedade de Información do Goberno de Aragón, abordaron na xornada diferentes experiencias con datos abertos enlazados, un sistema de traballo que lles ofrece importantes oportunidades ás entidades da memoria ao favorecer a conexión con outros repositorios de todo o mundo.