Nova: O premiado filme de animación galego Psiconautas xa pode verse nos cinemas

27/02/2017

O premiado filme de animación galego Psiconautas xa pode verse nos cinemas

Acadou o Goya á mellor película de animación na pasada edición dos premios do cine español

  • O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, asistiu esta tarde á presentación e estrea en Santiago de “Psiconautas, os nenos esquecidos” O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, asistiu esta tarde á presentación e estrea en Santiago de “Psiconautas, os nenos esquecidos”

Santiago de Compostela, 27 de febreiro de 2017.- O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, asistiu á presentación e estrea en Santiago de “Psiconautas, os nenos esquecidos”, o filme do director Alberto Vázquez que acadou o Goya á mellor película de animación na pasada edición dos premios do cine español.

A película contou co apoio da Agadic (Axencia Galega das Industrias Culturais), que achegou unha subvención de máis de 210.000 euros á produtora galega Zircozine, para o proceso de coprodución na que tamén participou a vasca Basque Films.

“Psiconautas” é un filme de animación para público adulto, na que se conta a historia da viaxe de Birdboy e Dinky na procura dun mundo mellor. Tras o seu paso por corenta festivais de todo o mundo e máis de 15 premios internacionais, a fita comezou a súa distribución española con medio cento de copias en máis de 35 localidades de distintas comunidades autónomas. En Galicia, ademais da preestrea a semana pasada na Coruña, pasará por Santiago, Vigo e Narón.

Comparte