Nova: Cultura vai retomar as axudas específicas ás escolas de bandas de música

28/11/2016

Cultura vai retomar as axudas específicas ás escolas de bandas de música

Esta fin de semana tivo lugar a clausura do X Certame Galego de Bandas de Música

  • O conselleiro de Cultura e Educación participou hoxe na clausura do X Certame Galego de Bandas de Música O conselleiro de Cultura e Educación participou hoxe na clausura do X Certame Galego de Bandas de Música
  • O conselleiro de Cultura e Educación participou hoxe na clausura do X Certame Galego de Bandas de Música O conselleiro de Cultura e Educación participou hoxe na clausura do X Certame Galego de Bandas de Música

Santiago, 27 de novembro de 2016.- O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, anunciou hoxe que o departamento que dirixe vai retomar as axudas específicas ás escolas de bandas de música, a través das que o Goberno galego contribuirá ao seu funcionamento, dada a súa importante labor formativa. Fíxoo na clausura do X Certame Galego de Bandas de Música, celebrado hoxe en Santiago de Compostela; salientando esta iniciativa como unha aposta polo ensino musical a nivel local, unha das prioridades da Consellería, como inicio dunha preparación de excelencia que fai que as músicas e músicos galegos sexan reclamados alén da nosa terra.

Neste sentido o conselleiro lembrou a estreita ligazón entre as bandas de música e as escolas e conservatorios locais e salientou a importancia das bandas tanto no fomento das relacións humanas entre os instrumentistas como na formación en valores cívicos como o traballo en equipo ou a asunción de responsabilidades. “Este certame permite poñer de relevo a calidade do traballo que as bandas de música están a realizar nosa comunidade; agrupacións musicais con identidade artística propia, capaces de crear un repertorio orixinal, digno de preservarse como parte do patrimonio musical de nós”.

Román Rodríguez quixo, ademais, felicitar ás 15 bandas participantes no certame e á Federación Galega de Bandas de Música Populares (FGBMP) e as distintas institucións colaboradoras polo seu traballo e compromiso a prol da celebración deste certame, “impulso e acicate ao traballo de tantas das bandas de música populares que hai na nosa terra”.
 

Comparte