Nova: Preséntase Tintero de Olas, o novo poemario de Pati Blanco

11/11/2016
Preséntase Tintero de Olas, o novo poemario de Pati Blanco
Santiago, 10 de novembro de 2016.- O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria en funcións, Román Rodríguez, presentou hoxe o último libro do xornalista e comunicador Pati Blanco, “Tintero de Olas”, que supón a segunda incursión deste autor no xénero literario da poesía.
Editada por Endymion, “Tintero de Olas” está estruturada en oito seccións e uns 80 poemas que o autor define como unha forma de “militancia” contra a rutina. Tras “Segunda Piel”, esta é a segunda obra de Pati Blanco, que tamén colaborou noutras antoloxías poéticas como “Guía viva de ortodoxos e heterodoxos na poesía galega contemporánea” e “Amor fou”.