Nova: Os galardoados cos Premios da Cultura Galega 2016 recibirán unha escultura de Manolo Paz
17/10/2016
Os galardoados cos Premios da Cultura Galega 2016 recibirán unha escultura de Manolo Paz
Santiago, 17 de outubro de 2016.- O conselleiro de Cultura e Educación en funcións, Román Rodríguez, acompañado polo secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, recibiu as esculturas coas que se recoñecerá o labor dos galardoados e das galardoadas cos Premios da Cultura Galega 2016.
A obra, denominada “Froito” e realizada en bronce, foi creada polo artista Manolo Paz e representa o resultado da dedicación e da constancia diaria do traballo no campo cultural. As esculturas entregaránselles aos premiados deste ano nun acto solemne en próximas datas.