Nova: Celanova despide os Concertos Didácticos de Órgano, que reuniron este ano 1.500 alumnos

08/06/2016

Celanova despide os Concertos Didácticos de Órgano, que reuniron este ano 1.500 alumnos

Realizáronse preto de 30 concertos no órgano barroco da igrexa de San Rosendo

  • O secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, compartiu hoxe co alumnado do IES Antonio Fraguas de Santiago de Compostela a xornada de clausura dos Concertos Didácticos de Órgano de Celanova 2016 O secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, compartiu hoxe co alumnado do IES Antonio Fraguas de Santiago de Compostela a xornada de clausura dos Concertos Didácticos de Órgano de Celanova 2016

Celanova (Ourense), 8 de xuño de 2016.- O secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, compartiu co alumnado do IES Antonio Fraguas de Santiago de Compostela a xornada de clausura dos Concertos Didácticos de Órgano de Celanova 2016, nos que participaron desde o pasado mes de abril 1.500 estudantes de centros educativos de toda Galicia.

En colaboración co Concello de Celanova, a Consellería de Cultura e Educación da Xunta de Galicia apoiou este ano unha nova edición deste ciclo, no que se realizaron preto de 30 concertos no órgano barroco da igrexa de San Rosendo de Celanova, baixo a dirección da profesora do Conservatorio de Música de Ourense Marisol Mendive.

Comparte