Nova: O Teatro Colón acollerá o V Festival Arte pola Igualdade

26/05/2016

O Teatro Colón acollerá o V Festival Arte pola Igualdade

O cartel está dentro das actividades organizadas para conmemorar as Letras Galegas 2016

Nel participará alumnado do Centro de Educación Especial María Mariño e do Conservatorio Profesional de Música da Coruña
 
  • O secretario xeral de Política Lingüística e o delegado territorial deron a coñecer esta mañá en rolda de prensa o cartel do espectáculo que acollerá o Teatro Colón O secretario xeral de Política Lingüística e o delegado territorial deron a coñecer esta mañá en rolda de prensa o cartel do espectáculo que acollerá o Teatro Colón

A Coruña, 26 de maio de 2016.- A Coruña acolleu a presentación V Festival Arte pola Igualdade, que acollerá o Teatro Colón o vindeiro luns 30 de maio no marco da programación conmemorativa das Letras Galegas 2016 posta en marcha pola Xunta de Galicia.

En palabras de Valentín García, “trátase dunha iniciativa escolar coa que, ademais de lembrar a Manuel María, autor homenaxeado este ano o Día das Letras Galegas, se pretende tamén dar a coñecer o traballo que se desenvolve en centros coma o CEE María Mariño ou o Conservatorio de Música Profesional, para amosar así que a discapacidade física ou psíquica non é impedimento ningún á hora de desenvolver o potencial creativo e a sensibilidade artística do alumnado”.

Pola súa banda, Diego Calvo insistiu na importancia da participación de alumnos con necesidades educativas especiais neste tipo de actividades, xa que “a súa presenza resulta moi enriquecedora para todos, que vemos como o seu talento, creatividade e sensibilidade artística supera en moitas ocasións os límites do esperado”.

Os responsables da Administración autonómica estiveron acompañados na rolda de prensa polo xefe territorial da Consellería de Cultura e Educación, Indalecio Cabana; e mais polos directores dos centros promotores da iniciativa, María Luz Barreiro e Jesús López, do CEE María Mariño e do CMUS Profesional da Coruña, respectivamente. Todos eles coincidiron en destacar que o que comezou como unha actividade escolar está agora a traspasar o ámbito académico para ofrecerse como unha festa aberta a todos os públicos e como homenaxe á figura de Manuel María.
 
Quinta edición
O CEE María Mariño e o CMUS da Coruña celebrarán, por quinto ano consecutivo, as Letras Galegas dun xeito moi especial. Será a través do V Festival Arte pola Igualdade, un espectáculo para todos os públicos que terá como protagonista e anfitrión o seu alumnado e que conta tamén coa colaboración do IES Leixa de Ferrol, do IES Imaxe e Son da Coruña e do CIFP Someso da Coruña.

O cartel do festival inclúe un recitado de poemas do autor chairego ao que a Real Academia Galega lle dedicou este ano o 17 de maio, a representación da Farsa de Bululú (na que tamén colaborará alumnado dos CEIP Emilia Pardo Bazán e San Pedro de Visma) e un pequeno concerto da Banda Xuvenil do CMUS da Coruña.

Terá lugar o vindeiro luns, 30 de maio, a partir das 19:00 horas, no Teatro Colón da Coruña. A entrada ao festival será de balde ata completar a capacidade do teatro e poderase retirar previamente no despacho de billetes do Teatro Colón.
 
Comparte