Nova: A mostra ‘Outros verbos, novas lecturas’ afonda na dimensión internacional de Valle-Inclán

08/07/2014

A mostra ‘Outros verbos, novas lecturas’ afonda na dimensión internacional de Valle-Inclán

A exposición, promovida polo Consello da Cultura Galega, procura ofrecer unha perspectiva resaltada da faceta internacional do ilustre escritor mediante novas traducións do seu legado, e enmárcase nun seminario no que estudosos do arousán compartirán o seu coñecemento

Vázquez Abad destacou que a obra de Valle-Inclán “forma parte do tesouro literario da humanidade”

  • Outros verbos, novas lecturas imaxe da exposición
  • O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, participou hoxe na inauguración da exposición ‘Outros verbos, novas lecturas: Valle Inclán traducido [1906-1936]’ O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, participou hoxe na inauguración da exposición ‘Outros verbos, novas lecturas: Valle Inclán traducido [1906-1936]’

Santiago, 8 de xullo de 2014.- O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, participou hoxe na inauguración da exposición ‘Outros verbos, novas lecturas: Valle Inclán traducido [1906-1936]’, no Claustro alto do Colexio de Fonseca da Universidade de Santiago de Compostela. A mostra, organizada polo Consello da Cultura Galega, está incluída dentro dunha xornada que pretende deitar luz sobre o legado de Valle Inclán, afondando nunha faceta súa que vai más alá da xa coñecida: a de intelectual preocupado por cuestións sociais, políticas, culturais, identitarias e académicas. No acto participaron, entre outras autoridades, o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo; o presidente do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares; e a vicerreitora de Estudantes, Cultura e Responsabilidade Social, María Dolores Álvarez.

O titular de Cultura destacou que a obra de Ramón María del Valle-Inclán “forma parte do legado literario da humanidade” e cualificou o arousán como “un dos grandes referentes das letras universais e un inmenso revolucionario da dramaturxia e da prosa no século XX.”

O conxunto de obras expostas está formado por catorce paneis que pretenden exhibir os múltiples lazos de Valle-Inclán no mundo saxón (Estados Unidos e Reino Unido), en Europa (Francia, Portugal e Italia), e en Europa do Leste, onde foi moi coñecido grazas ao esforzo de diversos hispanistas que o traduciron. A obra do artista foi traducida ao sueco, romanés, portugués, polaco, letón, italiano, islandés, inglés, húngaro, holandés, búlgaro, checo e francés.

A proposta pretende presentar unha nova imaxe dunha personaxe ilustre, conformada ao engadir, ao que se coñece do autor, un ‘corpus’ reunido en boa parte polo Grupo de Investigación da Universidade de Santiago de Compostela, que traballou nas súas pesquisas en colaboración co Consello da Cultura Galega. Entre as novidades están unha ampliación con novas traducións das obras valleinclanianas publicadas en vida do escritor cos correspondentes estudos introdutorios; artigos críticos de recepción da súa figura e obra; o epistolario cruzado con algúns dos axentes responsables do proceso de publicación noutros países e, mesmo, as ilustracións e caricaturas que acompañan os textos.

Un xiro a unha gran figura
A programación tamén incluíu un seminario de inscrición gratuíta no que, baixo o título ‘A difusión internacional da figura de Ramón María del Valle-Inclán no seu tempo’ participaron diferentes expertos na figura deste intelectual. Así, entre outros relatorios da xornada, Margarita Santos Zas, directora da cátedra Valle-Inclán, abordou a documentación existente sobre o creador ademais de información da relación deste con Francia. Doutra banda, Javier Serrano Alonso, da Universidade de Santiago de Compostela, ofreceu unha visión máis descoñecida do referente, sobre todo das traducións que se fixeron das súas obras na República Checa, en Holanda e noutros países de Europa do Leste.

Comparte