Nova: O conselleiro de Cultura e Educación celebra cos galegos e galegas de Londres o Día da Galicia exterior na capital británica

22/06/2014

O conselleiro de Cultura e Educación celebra cos galegos e galegas de Londres o Día da Galicia exterior na capital británica

O acto ten lugar cada ano no Instituto Español ‘Vicente Cañada Blanch’, un referente de recoñecida excelencia no ámbito educativo

  • O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, participou na xornada de hoxe no ‘Día de la Galicia exterior’ de Londres O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, participou na xornada de hoxe no ‘Día de la Galicia exterior’ de Londres
  • O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, participou na xornada de hoxe no ‘Día de la Galicia exterior’ de Londres O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, participou na xornada de hoxe no ‘Día de la Galicia exterior’ de Londres

Londres, 22 de xuño de 2014.- O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, participou na xornada de hoxe no ‘Día de la Galicia exterior’ de Londres, organizada como cada ano polo Centro Galego da capital británica, unha institución fundada no ano 1968. O acto contou tamén coas intervencións dos reponsables do Centro Galego de Londres, o seu presidente, Nicolás Miño; o vicepresidente, Jesus Ledo; e o secretario, Ernesto Payo Atanes, entre outros.

Este evento lúdico e de confraternidade, con máis de 25 anos de historia, reuniu a unha parte considerable da numerosa colonia galega e española residente na capital británica. A actividade levouse a cabo no Instituto Español ‘Vicente Cañada Blanch’, na zona de Westminster, e que leva o nome do empresario valenciano afincado en Londres que deixou no seu testamento un fondo económico destinado a manter este instituto. Na actualidade o centro pertence ao Estado Español e está dirixido por María Isabel Martínez.

Mostras de gratitude
No seu discurso, Xesús Vázquez, aproveitou para agradecerlles aos presentes todo o seu traballo que, tal e como afirmou “está na base dunha terra que cree en si mesma”. Tamén aproveitou para pedirlles que abran as portas das asociacións e centros galegos ás novas xeracións para que “xuntos –dixo– poidamos ir máis adiante, crermos máis no que nos pertence e cambiar as perspectivas dos nosos horizontes”. Vázquez Abad tamén dedicou palabras de gratitude ó Instituto Español ‘Vicente Cañada Blanch’ por acoller esta nutrida reunión de irmandade.
 

Comparte