Nova: Arranca o VII Curso de verán de lingua e cultura galegas para persoas estranxeiras, promovido pola UDC e pola Consellería de Cultura e Educación

07/07/2014

Arranca o VII Curso de verán de lingua e cultura galegas para persoas estranxeiras, promovido pola UDC e pola Consellería de Cultura e Educación

Preto de vinte alumnos e alumnas de sete nacionalidades diferentes dan comezo á súa estadía en Galicia para achegarase á lingua e cultura propias a través de aulas teórico-prácticas e actividades complementarias

A formación organízase en dous niveis, elemental e intermedio, e desenvolverase na Coruña desde hoxe ata o vindeiro 24 de xullo

  •  A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, representada no seu secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou esta mañá na inauguración da sétima edición do Curso de verán de lingua e cultura galegas para persoas estranxeiras A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, representada no seu secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou esta mañá na inauguración da sétima edición do Curso de verán de lingua e cultura galegas para persoas estranxeiras
  •  A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, representada no seu secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou esta mañá na inauguración da sétima edición do Curso de verán de lingua e cultura galegas para persoas estranxeiras A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, representada no seu secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou esta mañá na inauguración da sétima edición do Curso de verán de lingua e cultura galegas para persoas estranxeiras

A Coruña, 7 de xullo de 2014.- A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, representada no seu secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou esta mañá na inauguración da sétima edición do Curso de verán de lingua e cultura galegas para persoas estranxeiras que organizan a Universidade da Coruña (UDC) e mais o departamento dirixido polo conselleiro Xesús Vázquez Abad.

No acto de apertura, que tivo lugar na sala do Consello de Goberno da UDC, participaron tamén o reitor da UDC, Xosé Luís Armesto Barbeito, e o director do Servizo de Normalización Lingüística desta universidade, Xosé Ramón Freixeiro Mato. Ademais, asistiron os preto de 20 alumnos e alumnas chegados a Galicia desde sete países diferentes para achegarse á nosa lingua e cultura propias.

Alumnado chegado de Europa e de América
A UDC promove, por sétimo ano consecutivo, que estudantado que cursa educación superior en universidades españolas de fóra de Galicia e do estranxeiro -nomeadamente aquel que está a aprender lingua galega a través da Rede de Centros de Estudos Galegos da Xunta- teña oportunidade de vir a Galicia para perfeccionaren os seus estudos e coñecer de primeira man o contexto sociocultural e lingüístico. Botarán aquí case tres semanas (ata o 24 xullo) combinando aulas teórico-prácticas con outras actividades culturais.

Participan no curso case unha vintena de alumnos e alumnas (a metade deles matriculados no nivel elemental e a outra metade no intermedio) chegados de sete países de Europa e América (Brasil, España, Francia, Italia, República Checa, Croacia e Romanía). Todos eles contan con bolsas de formación destinadas a subvencionar os custos de matrícula e a estadía en Galicia.

As actividades deste curso de verán inclúen, ademais de clases de lingua e cultura dos niveis elemental e intermedio, un completo programa de actividades formativas, como excursións culturais e obradoiros de música e danza, sociolingüística, gastronomía, teatro, arte e literatura galegas.
 

Comparte