Nova: Acto de lanzamento da Feira do Libro de Bos Aires 2016 coa presentación de Santiago como cidade convidada

02/09/2015

Acto de lanzamento da Feira do Libro de Bos Aires 2016 coa presentación de Santiago como cidade convidada

A Biblioteca Nacional de Arxentina acolleu a presentación do evento, que será unha importante oportunidade de proxección exterior para o libro galego

  • A Biblioteca Nacional de Arxentina acolleu onte a presentación do evento, no que interveu o director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil A Biblioteca Nacional de Arxentina acolleu onte a presentación do evento, no que interveu o director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil
  • A Biblioteca Nacional de Arxentina acolleu onte a presentación do evento, no que interveu o director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil A Biblioteca Nacional de Arxentina acolleu onte a presentación do evento, no que interveu o director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil

Santiago, 2 de setembro de 2015.- A Xunta de Galicia participou no acto de lanzamento da Feira do Libro de Bos Aires 2016, coa presentación de Santiago de Compostela como cidade convidada

A Biblioteca Nacional de Arxentina acolleu onte a presentación do evento, no que interviron o director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, en representación da Consellería de Cultura e Educación; o Ministro de Cultura da Cidade de Bos Aires, Hernán Lombardi; o presidente e mais o director institucional e cultural da Fundación El Libro, Martín Gremmelspacher e Oche Califa, respectivamente; e o director da Biblioteca Nacional, Horacio González.

A cuadraxésimo segunda edición da feira, que terá como protagonistas o libro e o sector editorial galegos, celebrarase do 21 de abril ao 9 de maio de 2016 na capital arxentina.
 

No web da Feira do Libro de Bos Aires saliéntase, entre outras calidades, que Santiago de Compostela Santiago ten unha universidade de máis de 500 anos de historia, "o que a consagra como un importante referente cultural e dálle un clima estudiantil". Do mesmo xeito, lembra que foi Capital Europea da Cultura no 2000 y será a cuarta visitante ilustre da Feira, tras as presencias de Ámsterdam, San Pablo e México DF.

 

Comparte