Nova: As Feiras do Libro de Galicia chegan a Monforte cargadas de actividades

26/08/2015

As Feiras do Libro de Galicia chegan a Monforte cargadas de actividades

O fomento da lectura en todas as franxas de idade será o eixo central de catro días cargados de actividades

  • Programa Programa das Feiras do Libro de Galicia en Monforte

Santiago, 26 de agosto de 2015.- A Rúa do Cardeal do concello monfortino acollerá desde hoxe e ata o 29 de agosto unha nova edición da Feira do Libro, un evento promovido pola Federación de Librarías de Galicia e que conta co apoio da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Os actos comezarán ás 19h coa actuación da Banda de Gaitas de Monforte e coa lectura do pregón a cargo do poeta chantadino Xosé Lois García.

A segunda xornada acollerá a presentación de “Viaxe desde os cantís á memoria”, de Mercedes Martínez Mondroño, da Editorial Toxosoutos. As actividades continuarán o longo dos dous días seguintes con charlas coloquios, como a que realizará o escritor e xornalista Manuel Loureiro, e presentacións doutras obras literarias coma “50 cafés históricos de España y Portugal” do xornalista Fernando Franjo e “Pedazos de mi alma” de Rhodea Blason.

Entretemento para os máis pequenos
Ademais de acoller novidades editoriais, a Feira contará con diversas actividades dirixidas a fomentar o gusto polo mundo literario entre os máis novos. Así, os nenos e nenas que se acheguen ata a Rúa do Cardeal poderán desfrutar de obradoiros e contacontos a cargo de Carme Freire, Fátima Fernández, o Mago Toño e As Garbullo.

A clausura do evento correrá a cargo do escritor e humorista Lois Pérez, que pechará os actos co monólogo “Historias da corripa e outros romances”.
 

Comparte