Nova: Éxito de Cidade Imaxinaria con preto de 10.000 persoas no Gaiás

24/08/2015

Éxito de Cidade Imaxinaria con preto de 10.000 persoas no Gaiás

O mal tempo e o cambio de escenario non impediu unha grande afluencia de público á Cidade da Cultura de Galicia, que se consolida como un dos eventos máis multitudinarios do Gaiás

  • A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria celebra o éxito do festival ‘Cidade Imaxinaria’, que este sábado reuniu no Museo Centro Gaiás a preto de 10.000 persoas A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria celebra o éxito do festival ‘Cidade Imaxinaria’, que este sábado reuniu no Museo Centro Gaiás a preto de 10.000 persoas

Santiago, 24 de agosto de 2015.- A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria celebra o éxito do festival ‘Cidade Imaxinaria’, que este sábado reuniu no Museo Centro Gaiás preto de 10.000 persoas para gozar de dez horas ininterrompidas de espectáculos, xogos e obradoiros ao redor do mundo do circo.

A pesar da choiva, constante en determinados momentos do día, e do cambio de escenario –da praza exterior ao Museo Centro Gaiás-; ‘Cidade Imaxinaria’ mantivo a afluencia de público de edicións anteriores, rexistrando un total de 9.800 participantes ao longo de toda a xornada.

‘Cidade Imaxinaria’ estase a converter nunha das actividades do Gaiás con máis tirón en toda a comunidade, con asistentes de máis de 83 concellos galegos diferentes nesta edición e con preto do 60 por cento do público de fóra de Santiago de Compostela.

Estas cifras consolidan ‘Cidade Imaxinaria’ como un dos eventos do verán, ademais de ser unha das actividades máis multitudinarias das que celebra a Cidade da Cultura. En 2011 xa conseguira reunir a máis de 4.000 persoas, cifra que en 2012 superou as 9.000, en 2013 uns 10.700 e no 2014 un total de 11.092.

Un éxito que para Cultura e Educación apuntala unha das liñas de programación prioritaria da Cidade da Cultura e da propia Consellería: o deseño e posta en marcha de eventos de calidade pensados para gozar de balde e en familia.

Cincuenta actividades durante dez horas
O Museo Centro Gaiás acolleu as preto de cincuenta actividades programadas para esta edición, que incluíron espectáculos circenses e de maxia, xogos tradicionais e divertidos obradoiros cos que aprender a vivir subidos nun trapecio ou lucir uns peiteados espectaculares. Ademais, os participantes en ‘Cidade Imaxinaria’ puideron visitar a exposición ‘Camiño. A orixe’ de balde.
 
Comparte