Nova: Clausura do XII Curso de Medios Audiovisuais de Celanova

10/07/2015

Clausura do XII Curso de Medios Audiovisuais de Celanova

Na xornada de peche, desenvolvida no Auditorio Ilduara da vila ourensá, tivo lugar a estrea do filme 'Vento ferido', realizado polos 50 alumnos e alumnas participantes

  • O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, compartiu hoxe cos organizadores e cos 50 alumnos e alumnas do Curso de Medios Audiovisuais de Celanova (CeMAC) a xornada de clausura da duodécima edición deste encontro formativo O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, compartiu hoxe cos organizadores e cos 50 alumnos e alumnas do Curso de Medios Audiovisuais de Celanova (CeMAC) a xornada de clausura da duodécima edición deste encontro formativo

Celanova, 10 de xullo de 2015.- O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, compartiu hoxe cos organizadores e cos 50 alumnos e alumnas do Curso de Medios Audiovisuais de Celanova (CeMAC) a xornada de clausura da duodécima edición deste encontro formativo. O Auditorio Municipal Ilduara da vila ourensá despediu esta mañá os participantes co acto de entrega de diplomas e a proxección do filme resultante do taller 'Celanova, plató de ficción'.

Román Rodríguez, que estivo acompañado polo secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, e polo director da Agadic, Jacobo Sutil, expresou o apoio da Consellería a iniciativas pedagóxicas que, como o caso do CeMAC, van máis alá do ámbito regrado, e referiuse á importancia da formación complementaria no ámbito audiovisual para que as novas xeracións de creadores coñezan e saiban aplicar todas as ferramentas do traballo cinematográfico. O titular de Cultura e Educación da Xunta de Galicia agradeceulle, neste sentido, o esforzo realizado á Fundación Carlos Casares, promotora e organizadora do curso, e recoñeceu tamén o labor dos mestres e profesionais implicados.

Novas vías de expansión
A partir do título ‘O audiovisual galego: abrindo fronteiras desde a diversidade’, o XII CeMAC desenvolveuse desde o pasado martes día 7 cunha dedicación especial ás diferentes vías de expansión das producións galegas, ben a través do acceso aos mercados nas mellores condicións posibles, ben mediante a apertura aos últimos soportes e formatos. Configurado como un curso de verán de extensión universitaria, conta co patrocinio da Xunta de Galicia, da Deputación Provincial de Ourense, do Concello de Celanova e da Universidade de Vigo, ademais de coa colaboración da Televisión de Galicia.

Baixo a dirección de Miguel Anxo Fernández, o programa reuniu en Celanova unha vintena de nomes destacados da produción, guión, dirección, interpretación e posprodución audiovisual, entre eles os encargados das tres clases maxistrais sobre montaxe, composición de bandas sonoras e dirección de fotografía, que se incluíron como novidade este ano, e que correron a cargo de Guillermo Represa, Sergio Moure de Oteyza e Suso Bello.

Recordo a Carlos Casares
Previamente á entrega de diplomas tivo lugar a proxección do filme 'Vento ferido', realizado polos estudantes a partir dos relatos da obra homónima de Carlos Casares. A creación, estreada hoxe e que será emitida a través da webTV da Universidade de Vigo, é o resultado da sexta entrega do taller dirixido por Paulino Pérez, 'Celanova, plató de ficción'. A finalidade deste obradoiro é a de construír, como exercicio práctico adicional, unha peza audiovisual nun tempo determinado e cun orzamento pechado.

Para materializar 'Vento ferido', na semana previa ao curso, o alumnado seleccionado gravou e montou este proxecto audiovisual, que foi elixido mediante un concurso de ideas aberto a todos os alumnos e alumnas da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación da Universidade de Vigo. Ademais, e como en anos anteriores, asumiron a interpretación estudantes da Escola Superior de Arte Dramática (ESAD) de Galicia.

Comparte