Nova: O delegado territorial da Xunta participa no acto de descubrimento da pedra-marco inicial do ‘Camiño Nós’

08/07/2026

O delegado territorial da Xunta participa no acto de descubrimento da pedra-marco inicial do ‘Camiño Nós’

Ourense, 09 de xullo de 2026

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, participou esta maña no acto de descubrimento da pedra-marco inicial do ‘Camiño Nós’, cando hai exactamente cen anos, un 8 de xullo de 1926, sete homes —Vicente Risco, Lois Feixoo, Ramón Otero Pedrayo, Florentino López Cuevillas, Antón Sánchez, Alfonso Vázquez Monxardín e Xavier Pardo— botaban a andar cara a Compostela.

Manuel Pardo salientou que aquel camiño converteuse nunha metáfora do que representou a Xeración Nós, “unha Galicia que quería dialogar co mundo sen deixar de ser ela mesma; unha nación de cultura que entendía que a universalidade só é posible desde a raíz”.

“A Xeración Nós ensinounos -subliñou Manuel Pardo- que un pobo non se define só polo territorio que habita, senón pola cultura que crea, pola lingua que fala e pola memoria que é capaz de transmitir”. “Crían nunha Galicia aberta ao mundo, europea por vocación, pero fondamente enraizada na súa terra. Sabían que non hai verdadeira universalidade sen raíces, nin futuro duradeiro sen coñecemento do propio” enfatizou o delegado territorial que concluíu, “Ese é, en esencia, o legado de Nós, e ese é tamén o espírito que hoxe queremos convocar ao descubrir a pedra inicial deste Camiño Nós”.

Comparte