Nova: Martina Aneiros asiste á inauguración da exposición ‘Origen’
25/06/2026
Martina Aneiros asiste á inauguración da exposición ‘Origen’
Ferrol, 25 de xuño de 2026.
A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, asistiu hoxe na sede de Afundación á inauguración da exposición Origen, patrocinada por Endesa.
A mostra está composta polas fotografías que conforman o proxecto El Legado que Seremos, de Álvaro Ybarra, mediante as cales documenta o proceso de transición enerxética do carbón ás fontes renovables. Algunhas das imaxes están tomadas no ámbito da central térmica de carbón de As Pontes, unha das últimas deste tipo que se mantivo en funcionamento no país.


