Nova: Anxo M. Lorenzo destaca a proxección da cultura galega na Feira internacional do libro de Bos Aires
05/05/2026
Anxo M. Lorenzo destaca a proxección da cultura galega na Feira internacional do libro de Bos Aires
O director xeral de Cultura acompaña aos profesionais e creadores galegos que participou nunha das citas máis importantes de Iberoamerica
Co gallo deste evento, a Xunta impulsa unha vintena de actividades no expositor institucional, no Centro Galicia e no Instituto Santiago Apóstol
Abril Camino, Arturo Lezcano, Blanca Milán, Rodrigo Costoya e Xabier Romero son algúns dos profesionais que forman parte da delegación convidada polo Goberno galego
Bos Aires (A Arxentina), 5 de maio de 2026
O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, destacou a “importante proxección” da cultura galega na Feira Internacional do Libro de Bos Aires, “unha das grandes citas do sector do libro no mundo”. Así o puxo en valor na primeira xornada das actividades impulsadas pola Xunta co gallo destaca que se celebra ata o 11 de maio na capital da Arxentina.
Tal e como explicou o representante da Consellaría de Cultura, Lingua e Xuventude, a Xunta de Galicia está presente nesta feira cun expositor propio no que se expoñer máis de 300 publicacións e onde se celebran unha vintena de actividades, entre relatorios, obradoiros, mesas redondas e contacontos. “Isto verase complementado cunha axenda que chegará tamén ao Centro Galicia e ao Instituto Santiago Apóstol e servirá de mostra da nosa Galicia Calidade”, apuntou.
‘Ano Oteriano’ e José Suárez
Por outra banda, o director xeral de Cultura salientou que nesta cita internacional a Xunta divulgará as figuras de Otero Pedrayo, protagonista do Ano Oteriano ao cumprirse 50 anos do seu pasamento, e José Suárez, homenaxeado no Día das Artes Galegas 2026, ademais de outros referentes da cultura galega.
Para iso, e co obxectivo de contribuír á difusión do sector do libro e da cultura galega, o Goberno galego favorecerá a participación dunha delegación que inclúe a creadores como a narradora Abril Camino, o xornalista e ensaísta Arturo Lezcano, a ilustradora Blanca Milán, o novelista Rodrigo Costoya e o editor Xabier Romero.
Todos eles intervirán en conferencias, mesas redondas ou obradoiros que se celebrarán, entre o 26 de abril e o 9 de maio. Neles tratarán temas como o Camiño de Santiago, a poesía e narrativa na nosa comunidade, a diáspora galega na Arxentina ou a literatura infantil e xuvenil, entre outros eidos que permitirán difundir e promocionar a creación literaria galega máis actual.
A participación de Galicia nesta feira de recoñecido prestixio, enmárcase nas actividades de promoción exterior da literatura galega postas en marcha pola Administración autonómica a través do sector editorial. Neste senso, cómpre lembrar que a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude destina 200.000€ anuais para asistir a este tipo de eventos con proxección internacional.

