Nova: López Campos convida a redescubrir Vigo a través da ollada de Barreiro

05/04/2026

López Campos convida a redescubrir Vigo a través da ollada de Barreiro

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude asiste á exposición ‘Vigo, luz e cor’, que poderá visitarse ata o 26 de abril na Casa das Artes

Vigo, 5 de abril de 2026

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, fixo un chamamento para convidar a redescubrir a imaxe de Vigo a través da ollada de José María Barreiro. Fíxoo na súa visita á exposición Vigo, luz e cor do artista, na que o artista expón o seu traballo e que se pode visitar ata o 26 de abril na Casa das Artes.

Nesta visita, o representante de Cultura do  Goberno galego aproveitou para gabar “a perspectiva única do autor que realiza unha crónica visual de excepción sobre a cidade, percorrendo espazos icónicos da ría, desde a arquitectura histórica ata a vibrante actividade industrial do litoral”.

Neste senso, acompañado polo director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, López Campos remarcou que “é unha honra que un artista con máis de sesenta anos de carreira e proxección internacional sexa embaixador da nosa cultura, as nosas tradicións e as nosas paisaxes aló adonde vaia”.

No seu percorrido pola mostra o representante da Xunta destacou tamén “o grande poder da cor nesta proposta, que convida a conectar coas nosas emocións e transportarnos ás escenas representadas”. O mestre da figuración lírica, emprega un cromatismo fauvista para interpretar a singular luz do Atlántico Galego e o simbolismo da ventá nas súas obras, que representa a conexión do mar co interior e invita a reflexión e introspección.

Comparte