Nova: Rueda felicita a Isabel Dobarro polo seu premio Grammy e convídaa a participar en eventos do próximo ano Xacobeo
08/03/2026
Rueda felicita a Isabel Dobarro polo seu premio Grammy e convídaa a participar en eventos do próximo ano Xacobeo
Salienta a importancia de seguir traballando para que a música sexa una ferramenta cada vez con máis impacto social, un obxectivo para o que o Goberno galego está a impulsar o primeiro Plan estratéxico do sector
Santiago de Compostela, 8 de marzo de 2026
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, mantivo unha reunión esta semana coa pianista Isabel Dobarro para darlle os parabéns en persoa polo seu Grammy latino.
A pianista compostelá recibiu o galardón a Mellor Álbum de Música Clásica o pasado 13 de novembro polo seu traballo Kaleidoscope. É a primeira galega en gañar un Premio Grammy Latino na categoría de música clásica, e a cuarta en gañalo en calquera categoría.
No encontro, o presidente trasladoulle a Isabel Dobarro o interese do Goberno galego por continuar traballando en que a música sexa unha ferramenta con impacto social e que cada vez sexa aínda máis igualitaria a través da visibilización das compositoras. Neste senso, o presidente destacou que a Xunta está a impulsar o primeiro Plan estratéxico do sector musical.
Ademais, Rueda agradeceulle á intérprete santiaguesa o seu vínculo con Galicia que transmite coa súa obra, e convidouna a traballar conxuntamente en eventos do próximo Ano Xacobeo 2027.



