Nova: A Xunta apoia unha nova edición das Residencia Artística ‘Nortear’ que fomenta o intercambio cultural na eurorrexión Galicia-Norte de Portugal
08/02/2026
A Xunta apoia unha nova edición das Residencia Artística ‘Nortear’ que fomenta o intercambio cultural na eurorrexión Galicia-Norte de Portugal
A Conselleria de Cultura, Lingua e Xuventude promove esta iniciativa para impulsar a creación audiovisual emerxente, dotada con 8.500€ para un total de 10 proxectos
As persoas interesadas xa poden presentar as súa candidaturas ata o 17 de abril de 2026
A estadía terá lugar do 11 ao 15 de maio na localidade pontevedresa de Tomiño
Santiago de Compostela, 8 de febreiro
A Consellería de cultura, Lingua e Xuventude apoia un nova edición da Residencia Artística Nortear, unha iniciativa que impulsa a creación audiovisual contemporánea e fomenta o diálogo artístico na eurorrexión Galicia-Norte de Portugal e cuxa terceira edición xa ten aberto o prazo de inscricións ata o 17 de abril.
As estadías, que teñen como obxectivo impulsar a creación audiovisual emerxente, desenvolveranse do 11 ao 15 de maio na localidade pontevedresa de Tomiño. Ademais de polo departamento de Cultura do Goberno galego, esta iniciativa está tamén promovida xunto coa Eurorrexión Galicia–Norte de Portugal, a Agrupación Europea de Cooperación Territorial e a Comisión de Coordinación e Desenvolvemento Rexional do Norte de Portugal e cofinanciada pola Unión Europea, a través do programa INTERREG España–Portugal.
Dez creadores galegos e lusos compartindo procesos sen fronteiras
Ao igual que nas anteriores convocatorias, para as residencias deste ano seleccionaranse dez creadores que contarán con 850€ cada un co obxecto de que colaborar cos gastos de desprazamento, aloxamento e manutención ao longo desta experiencia creativa que ten como obxectivo crear sen foronterias, compartir procesos e conectar ambos os dous territorios.
A convocatoria está dirixida a persoas naturais ou residentes en Galicia ou no Norte de Portugal. Entre os requisitos, exíxese que os proxectos presentados manteñan unha ligazón directa co territorio eurorrexional, poñendo en valor as súas dimensións culturais, históricas e humanas, xa que o que se procura é reafirmar a arte como ferramenta de cohesión social e revitalización comunitaria.
Ao longo da residencia, os artistas recibirán acompañamento artístico especializado, participarán en encontros con creadores e profesionais do sector cultural e tomarán parte en espazos de reflexión sobre os retos e oportunidades da creación audiovisual na Eurorrexión, con especial atención ao uso das novas tecnoloxías.
O regulamento completo e a información detallada sobre o proceso de candidatura poden consultarse nos canais oficiais da Eurorrexión Galicia–Norte de Portugal.
