Nova: López Campos enxalza a Galeria Trinta como “referente imprescindible para impulsar a creación contemporánea galega”

15/01/2026

López Campos enxalza a Galeria Trinta como “referente imprescindible para impulsar a creación contemporánea galega”

Santiago de Compostela, 15 de xaneiro de 2026

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, enxalzou hoxe a Galería Trinta como “referente imprescindible para impulsar e difundir a creación contemporánea galega”. Fíxoo na presentación do libro Como flota o aceite na auga. Galería Trinta 1985-2025, que celebra o 40 aniversario desta entidade.

O representante do Goberno galego puxo en valor este tipo de espazos, “esenciais para as novas xeracións de artistas galegos” e gaba esta retrospectiva como “un agarimoso homenaxe a todas as obras que nos ofreceron unha nova mirada e a tantas outras que están por chegar”. Precisamente, lembrou que esta galería foi recoñecida co Premio da Cultura Galega no ámbito da artes plásticas en 2014.

Comparte