Nova: A Biblioteca da Xunta en Lugo acolle o xoves un concerto da Ensemble de Música Antiga da orquestra ‘Terra Nova’
13/01/2026
A Biblioteca da Xunta en Lugo acolle o xoves un concerto da Ensemble de Música Antiga da orquestra ‘Terra Nova’
Lugo, 13 de xaneiro de 2026
A Biblioteca Pública da Xunta na capital lucense albergará este xoves, 15 de xaneiro, un Concerto de Reis da Ensemble de Música Antiga da Xove Orquestra de Lugo Terra Nova.
A Delegación Territorial acolleu hoxe a presentación da cita, coa participación do delegado territorial, Javier Arias; o director da Orquestra, Nicolás Ravelli; a coordinadora do Ensemble e directora musical deste concerto, Erea Blanco; e a soprano Louise Ryan.
A agrupación interpretará unha selección de arias de O Mesías (HWV 56) de G.F. Haendel, unha das obras máis emblemáticas do repertorio barroco. A actuación será ás 20,00 horas no salón de actos da biblioteca, con entrada libre ata completar a capacidade.
