Nova: López Campos enxalza a contribución á promoción de artistas novos de espazos como a Galería Trinta

17/12/2025

López Campos enxalza a contribución á promoción de artistas novos de espazos como a Galería Trinta

Santiago de Compostela, 17 de decembro de 2025

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, enxalzou hoxe a “importante contribución que realizan á promoción e pulo de artistas novos” as galerías de arte contemporáneas como a Trinta, que cumpre este 2025 catro décadas de actividade na capital de Galicia.

O representante do Goberno galego puxo en valor este tipo de espazos, como a compostelá Galería Trinta, “na que moitas incipientes carreiras artísticas teñen atopado o lugar axeitado desde onde proxectarse e darse a coñecer”. Neste seno, considerou que son un “apoio fundamental” ao labor que se realiza desde o Goberno galego de “dinamización e difusión da creación contemporánea galega actual”. Precisamente, lembrou que este espazo foi recoñecido en 1995 co Premio á mellor galería española na Feira Arco e tamén foi distinguido co Premio da Cultura Galega no ámbito da artes plásticas en 2014.

Comparte