Nova: López Campos anima a aproveitar as novas tecnoloxías como oportunidades de creación cultural

09/12/2025

López Campos anima a aproveitar as novas tecnoloxías como oportunidades de creación cultural

Santiago de Compostela, 9 de decembro de 2025

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, salientou hoxe o papel que están destinadas a xogar as novas tecnoloxías nas facianas sociais, económicas e tamén culturais, onde animou “a tirar proveito dos retos que estas poden supor como oportunidades creativas”. Así o fixo na presentación do número 10 da revista Comunica, da Asociación de Periodistas de Galicia, que dedica un monográfico ao estado de opinión sobre a innovación.

O responsable de Cultura do Goberno galego gabou esta publicación por “combinar rigor científico cun ton divulgativo, a través dun xornalismo útil”. Neste senso, salientou o atinado de “pór o foco nas novas tecnoloxías”, un eido no que incidiu “que ningún estrato pode quedar á marxe, tampouco o cultural”. Precisamente, destacou o feito de que a Xunta porá en marcha no segundo semestre de 2026 o Centro de artes dixitais de Galicia na Cidade da Cultura, “o que suporá situar a nosa Comunidade tamén na primeira liña neste ámbito”, celebrou.

Comparte